Representantes da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo rexistraron o 27 de novembro un escrito no Edificio Administrativo de Monelos no que demandan entrevistarse co conselleiro de Medio Ambiente e cos alcaldes dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros. Nestes escritos a a Plataforma indica que como resposta ás 17.000 sinaturas entregadas á Consellaría, esta, anunciou unha serie de actuacións en coordinación cos concellos afectados. A dia de hoxe, máis alá da propaganda que fan as distintas administracións, non se comproban melloras na situación da Ría, ao contrario, a situación estase a agravar, como recentemente recoñeciu o Delegado Provincial da Consellaría na Coruña. Do mesmo xeito descoñecense as dotacións orzamentarias destinadas polaXunta e polos Concellos afectados para sanear a Ría, detectar, ou pórfin aos verquidos; ou se a Consellaría e os Concellos van realizaralgunha acción coa partida orzamentaria de un millón de euros que sedestinaron a estes fins nos Orzamentos Xerais do Estado. Fonte http://riadoburgo.blogaliza.org/[+]info:
http://corunacity.com
